O Concello aporta 75 mil euros as Confrarias y 25 mil procesionarios

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela; e o presidente da Xunta Xeral de Confrarías e Irmandades da Semana Santa de Ferrol, César Carreño Yáñez, asinaron esta mañá o convenio de colaboración para a celebración deste evento que por segundo ano se celebrará co recoñecemento de Festa de Interese Turístico Internacional. A concelleira de Turismo do Concello de Ferrol, María del Carmen García Fraga, asistiu a este acto que tivo lugar no Salón de Recepcións da Casa Consistorial e no que tamén se presentou o novo folleto turístico do Concello de Ferrol con motivo destas datas.

Así, o Concello de Ferrol achegará á edición deste ano da Semana Santa Ferrolá un total de 75.000 euros, a contía económica máis importante dos últimos anos. “Este é un dos convenios máis importantes da cidade e permite apoiar económicamente a un evento de gran repercusión para a nosa cidade”, sinalou Rey Varela. Pola súa banda, César Carreño manifestou que as Confrarías “temos todos os deberes feitos para iniciar a Semana Santa”, ao tempo que manifestou a súa satisfacción “pola colaboración e recoñecemento do Concello ao traballo de todo o ano”.

A firma deste convenio serviu ademais para presentar os novos folletos turísticos. O Concello de Ferrol, en colaboración coa Xunta de Galicia e a Deputación Provincial da Coruña, distribuirá un total de 25.000 folletos en castelán, galego e inglés entre oficinas de turismo, centros culturais da cidade, comercios, hoteis e establecementos de hostalería. Estes folletos inclúen: o procesionario, horarios de actividades en Semana Santa -visitas guiadas, ruta da construción naval e paseos en barco pola ría-, información sobre a nova edición de Equiocio e os horarios de museos e exposicións


Freeman Galicia

Los comentarios están cerrados.