El Concello sigue con el mismo discurso

El Concello de Ferrol confirma tal y como adelantamos esta mañana la nueva fecha para el encuentro entre el Alcalde y las Cofradías. Sera el 12 a las 17:00 horas. Por otro lado, el Concello mantiene el mismo discurso en cuanto a las subvenciones en buscar que entre todas las Administraciones se alcancen los 75 mil euros. Esto ya no podra darse, pues la Diputación ya ha dicho no. Estos mantendrán lo mismo de años anteriores que no es otra cosa que la impresión de las publicaciones. Ahora restan los 40 mil euros de la Xunta. Estos se destinan íntegramente a la difusion del evento. Si la Xunta cambia su concepto y esta partida se destina a organización, el asunto quedaría arreglado si el Concello aporta los 35 mil restantes. El problema estaría en que no quedaría ni un euro para la difusión. A continuación ofrecemos el ultimo comunicado de prensa del Concello de este mediodía.

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, reunirase a semana vindeira cos representantes da Xunta Xeral de Irmandades e Confrarías de Ferrol. A xuntanza, que será a terceira desde que o Goberno local tomou posesión en xuño, quedou fixada para o día 12 de novembro ás 17:00 horas en Alcaldía logo das xa celebradas os días 8 de xullo e 29 de setembro.

O Goberno Local garante, como fixo desde un principio, o apoio institucional do Concello de Ferrol a celebración da Semana Santa de Ferrol, Festa de Interese Turístico Internacional, enraizada na cidade como tradición secular ligada a Igrexa, que discorre libremente polas rúas do centro da cidade con todo o respaldo da Administración local cun innegable retorno turístico e económico para a economía comarcal.

O Goberno local non mudou a súa postura sobre o acordado na última xuntanza a finais de setembro e garante que as achegas á Semana Santa ferrolá do 2016 terán, cando menos, o mesmo importe que obtiveron no 2015, con 75.000 euros buscando a implicación doutras Administracións como a Xunta de Galicia e a Deputación.

“Incidir en que a Semana Santa é un acontecemento de relevancia para a cidade. Desde o inicio estamos na procura dun punto de acordo común, que xa tiñamos, e satisfactorio para todos sen tensión nin conflito cunha proposta concreta e ben definida sen dúbidas sobre as cantidades”, manifestou o alcalde de Ferrol.

“Nós mantemos a mesma posición desde a primeira reunión que mantivemos con eles e non nos movemos nin un ápice polo que non vou a entrar”, sinalou Suárez. “Sempre terei as portas abertas ao diálogo e o entendemento”, rematou


Freeman Galicia