Acordo Concello e Confrarias

Satisfacción do Goberno local e da Xunta Xeral de Confrarías da Semana Santa logo da terceira xuntanza entre as partes para soterrar un debate estéril que abría fendas innecesarias na cidade que ten que buscar o ben común da súa veciñanza por riba de posicionamentos ideolóxicos ou partidistas.
O Goberno local tiña e mantén o compromiso firme de igualar no 2016 o mesmo importe da subvención que as confrarías obtiveron no 2015 das arcas locais -75.000 euros- sumando as achegas doutras administracións públicas como a Xunta e a Deputación provincial.
“O noso posicionamento inicial é o mesmo que a día de hoxe: buscar o financiamento doutras Administracións e, desde o Concello, complementar esa cantidade”, resumiu o alcalde, Jorge Suárez.
Lembrou a achega da Xunta de Galicia no 2015 foi de 40.000 euros. “Nos preferimos que eses fondos se destinen directamente a Xunta de Confrarías e non para sufragar a unha televisión que xa é pública, e nós, completar eses 35.000 euros”, explicou o primeiro edil de Ferrol.
Pola súa banda, o presidente da Xunta Xeral de Confrarías, César Carreño, declarou: “A próxima reunión a que imos vir ao Concello é xa para falar de cuestións técnicas como cortes de rúas porque o resto está todo solucionado”.
“Temos o compromiso do Concello de aportar 35.000, e da Xunta, eses 40.000, que a día de hoxe poden destinarse a Semana Santa para as 26 procesións, co que estamos contentos”, rematou.

Fuente. Prensa Concello


Freeman Galicia